Café científico, xoves 17 de novembro

Café científico no Auriense este xoves. Trátase dun formato de divulgación novidoso (por estes lares) e máis dinámico ca unha simple conferencia. Así que anímovos a que vos apuntedes (é un dicir), vamos, que pasedes por alí a torturar aos "coitados" conferenciantes. 

Ourense - Xoves 17 de novembro

Café Auriense - 21.00 h. “Astronomía”

Eduardo Sánchez. Físico. Profesor da Universidade de Santiago

X. Dosi Veiga. Físico e Divulgador Científico

Tomás Alonso. Gastrónomo aficionado e Larpeiro cum laude

Por certo, para os máis despistados. O Café Auriense está na Praza do Correxidor, nos viños d eOurense.

nocturno, o café xa foi o día

nocturno, o café xa foi o día 17 fai dúas semanas, podes ir tranquilo ao concerto, sinto que non te decatases da nova porque estivo moi ben e disfrutamos moito coa forma de explicar as cousas dos poñentes. apertas. : -)

vaia...

vaia... todas as cousas coinciden no mesmo día... eu andarei no concerto do Otero Pedrayo... outra vez será... apertas

E logho... non traballades ao

E logho... non traballades ao día seguinte? Os coñecidos teredes que romper o xeo XD

Por alí estaremos o xoves.

Por alí estaremos o xoves. Apertas. s2.