Para Alejandro (Forcarei, 23-24 de xullo)

Saúdos Alejandro!!! Aquí Nocturno... Como foron as fotos do pasado sábado en Forcarei? Salvouse algo? Mira que deu problemas o vento...

Apertas, e graciñas pola segunda saída... Non vexas o encantado que cheguei e o motivado que estou... Eu creo que isto vai para longo, he, he, he...

Boas, alégrome moito de que

Boas, alégrome moito que vaia xurdindo a afección, agora xa ves que para visual tampouco tes que mercar grandes cousas para comenzar. : -)

En canto á foto, non saiu ben, pero non foi polo vento. O guiado e o enfoque foron bos, pero o Goto do telescopio non meteu ao obxeto no campo (hai que decir que estaba probando unha cousa do Goto que agora sei que non vale). A zoa na que se pousou era moi escura e necesitaría exposicións como mínimo de 10 minutos cada unha para poder sacar algo.

De tódolos xeitos cando merquei a cámara no Outubro do ano pasado, xa me imaxinaba que me ía levar cando menos un ano de aprendizaxe para poder comenzar a facer algo, e a verdade que vista a norteamérica de fai un mes non me queixo de nada.

Gracias polo comentario, si te vas uns días fóra aproveitaos ben, xa nos vemos... : -)