Xa teño cacharriño!!!
Enviado por nocturno el Lun, 12/09/2011 - 11:40.
Related Terms :
Ola a todos!!! Escribo con gran orgullo e satisfacción (he, he) que xa teño o meu primeiro telescopio: un Skywatcher 150/750 con montura NEQ-3, tal como falaramos na última reunión, e mercado na Alemaña... Agora falta facerse con el pouco a pouco e irvos mareando en cada quedada para sacarvos toda a información posible...
Apertas...
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- 341 lecturas
Pois enhoraboa, agaora a ver
Pois enhoraboa, agaora a ver cando temos un fide bon para saír.Para túa informacion diréiche que, despóis de comprar algo novo,en astronomía e según a ley de Murphi, veñen polo menos duas semanas de nublados.
De todas as maneiras, o dia 17 sábado eu teño as festas en Carballiño.
saída sábado
fantástico meu... pois xa estou atento para este sábado entón... apertas...
Estou mirando Meteogalicia e
Estou mirando Meteogalicia e parece que o sábado si que se vai poder sair de observación. Vai ser un día moi interesante, porque algo de ceo profundo poderase ver antes da saída da lúa, e logo qu esta saia teremos lúa e algçun planeta. Si a previsión se mantén xa convocamos unha saída para observar.
graciñas
graciñas polos ánimos... a ver se este finde está ben de tempo (non sei non sei) e quedamos para estrealo... apertas
Parabéns
Parabéns Nocturno, que o disfrutes e lle poidas sacar moitas horas de aprendizaxe e diversión. Unha aperta forte.
Pois xa estaba eun pensando
Pois xa estaba eun pensando si che chegaría ou non. A ver si temos sorte e podemos sair de observación algún fin de semana dos que temos este mes. Eu coido que para o 16 ou 17 xa poderás facer algo que a lúa xa non é chea, e aparte tes algún planeta á vista. A ver si o tempo acompañase. Xa sabes que calquera dubida aqui estamos. s2. : -)