Sol 18 de agosto de 2014 (10:50 hora de Ourense, Galiza)

Imagen de Nocturno
Tipo Astrofotografía: 
Astrofotografía: 
Texto astrofotografía: 
Hoxe preferín tomar a foto un pouco antes, xa que había unhas pequenas nubes que amenazaban cubrir o Sol (logo descubrín que a amenaza non era tal, he, he). As manchas dos pasados días van desaparecendo, mais aparecen no borde dereito algunhas novas... a ver como van evolucionando! Apertas.

5 comments

Comentarios Astrofotografía: 

Pois eso, xa se che comenza a ver que te estas enleando con esto das fotos jejejeje. cando te deas conta va a estar mercando todo tipo de trebellos para mellorar as imaxes. bueno noraboa que están moi ben. s2e3 : -)

Imagen de Nocturno

Comentarios Astrofotografía: 

Uf, non non, que entre a música e o resto de movidas non hai cartos que cheguen... pero si que vicia, si... apertas meu!

Comentarios Astrofotografía: 

Ideas para que enguedelles:

- tes ben enfocado o tema? Non sei se tes problemas de enfoque do Venuscope ou da cámara. No primeiro dos casos, xoga a apretar ou afrouxar as túas porcas que están por dentro e por fóra do trebello, para aumentar ou diminuír a distancia focal. No segundo dos casos, pon lentes.

 

- podes facer cálculos do número de Wolf.

 

- se identificas a mesma mancha en días seguidos, podes realizar cálculos sinxelos de rotación do Sol á latitude da mancha. Tamén o podes facer ao longo das horas, pero aumentan os erros.

Imagen de Nocturno

Comentarios Astrofotografía: 

Graciñas polos comentarios Dosi! Creo que o Venuscope e a cámara están ben enfocados. O problema radica nos soportes empregados: o Venuscope está nunha mesiña de xardín que vibra cun mínimo airiño, e a cámara está a pulso nas miñas mans. Ademais, non vexas a velocidade á que se move o demo do Sol!!! Mais tentareino solventar, o primeiro, cun trípode para a cámara.

Sobor o número de Wolf e o cálculo do movemento de rotación era algo que tiña pensado facer unha vez haxa un bo feixe de fotos e non faga tan bo tempo como para ter que quedar na casa e non saber que facer, he, he, he

cool

Unha forte aperta meu! E grazas de novo.

Comentarios Astrofotografía: 

Xa me parecía raro que non o tiveras pensado, xa.