Quincena Astronómica en Ourense, decembro 2010

Foros: 

Quincena Astronómica en Ourense, decembro de 2010

Actividades durante 15 días, na cidade de Ourense. Un programa completo levado adiante coa colaboración de varias asociacións, no que contaremos con exposición de astrofotografía, observacións astronómicas en varios puntos da cidade e varias charlas divulgativas.

Todas as actividades son completamente de balde e aptas para todos os públicos.

1.- Exposición. Nos comercios do barrio do Couto (asociados ao Centro Comercial Aberto), exposición de astrofotografía de astrónomos afeccionados galegos, nos escaparates.

2.-Observacións de astronomía urbana por toda a cidade (so tempo acompaña), nos seguintes lugares e datas. O horario será de 18:30 ata 20:30, aproximadamente.

  • 10 de decembro: Ponte Romana.

  • 11 de decembro: Alameda (Paseo Central).

  • 13 de decembro: barrio do Couto.

  • 15 de decembro: Campus Universitario de Ourense.

3.-Faladoiros astronómicos

  • Venres, 17 de decembro; “Unha viaxe polo Sistema Solar”, Francisco Fernández Gómez. Responsable del Taller de Astronomía de la Asociación Cultural Foula.

  • Sábado, 18 de decembro; “Explorando Marte: Mars Spanish Mission 1”, Víctor Pérez, xestor de recursos humanos da Mars Society España.

  • Lugar: Ateneo de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1.

  • Hora: 20:00 horas.

 

Este proxecto faise posible coa colaboración de:

Organizadores:

 

Colaboradores:

 

Patrocinadores: