Café científico, xoves 17 de novembro 2011

Foros: 

Café científico, xoves 17 de novembro 2011

Café científico no Auriense este xoves. Trátase dun formato de divulgación novidoso (por estes lares) e máis dinámico ca unha simple conferencia. Así que anímovos a que vos apuntedes (é un dicir), vamos, que pasedes por alí a torturar aos "coitados" conferenciantes. 

Ourense - Xoves 17 de novembro 2011

Café Auriense - 21.00 h. “Astronomía”

Eduardo Sánchez. Físico. Profesor da Universidade de Santiago

X. Dosi Veiga. Físico e Divulgador Científico

Tomás Alonso. Gastrónomo aficionado e Larpeiro cum laude

Por certo, para os máis despistados. O Café Auriense está na Praza do Correxidor, nos viños d eOurense.