Cafetería
Reunións na ponte de Decembro e no Nadal
Moi boas a todos, querería saber se estades pensando nunha reunión ou algunha saída de cara as próximas datas, para ir reservando tempo e poder asistir.
Unha aperta a todos e seguide mirando o ceo, paga a pena.
- 1 comment
- 143 lecturas
Xa teño cacharriño!!!
Ola a todos!!! Escribo con gran orgullo e satisfacción (he, he) que xa teño o meu primeiro telescopio: un Skywatcher 150/750 con montura NEQ-3, tal como falaramos na última reunión, e mercado na Alemaña... Agora falta facerse con el pouco a pouco e irvos mareando en cada quedada para sacarvos toda a información posible...
Apertas...
- 6 comments
- 247 lecturas
Para Alejandro (Forcarei, 23-24 de xullo)
Saúdos Alejandro!!! Aquí Nocturno... Como foron as fotos do pasado sábado en Forcarei? Salvouse algo? Mira que deu problemas o vento...
Apertas, e graciñas pola segunda saída... Non vexas o encantado que cheguei e o motivado que estou... Eu creo que isto vai para longo, he, he, he...
- 1 comment
- 220 lecturas
Novateando ando.
Moi boas. Logo dun tempo dándolle voltas ó asunto da astronomía por fin teño un pouco de tempo para iniciarme neste lecer incomparable. Vaia por diante que son un auténtico novato e non teño nin idea de por ónde comezar.
Querería aproveitar estes días en Ourense para facerme polo menos cunhas poucas cousas básicas para comezar ( o típico: uns prismáticos, unha lanterna,etc.). Así que a miña dúbida é se alguén me podería indicar algún lugar onde poder atopar o básico a bo prezo.
E tamén, se alguén considera que hai algún libro especialmente bo para novatos coma min , por favor, indicádemo.
Moitas gracias.
- 3 comments
- 244 lecturas
Bo Nadal para todos
Bo Nadal para todos con moita saúde e sorte.Camilo.
- 1 comment
- 925 lecturas
¿cómo va la cosa?
¿Cómo va la web nueva? a ver si así estamos en contacto.
- 7 comments
- 261 lecturas